(Texto de Antón Lorenzo, “Xaque”)
Salvaterra do Miño | Fai uns días, mercando na carnicería de Fita Carrera, Salvaterra, cadrei con dous veciños de Fornelos da Riveira, (a nai de Fita tamén é desa parroquia). Comezamos falando da apenas iniciada e nunca acabada ponte entre esa parroquia e a pontareá Nogueira, acabamos falando de Don Rogelio Estévez Cambra, egrexio fillo desa feligresía. O caso é que ninguén dos presentes coñecía ese persoeiro, e iso animoume a facer este pequeno traballo.
En primeiro lugar, sen dúbida, hai que acudir a impagable obra de Alberto Vilanova Rodríguez, “Los Gallegos en la Argentina”, tomo 2, páxinas 1.151, 1.152 e 1.153, ediciones Galicia, prologado por Don Claudio Sánchez Albornoz y Menduiña. Desta obra entresaco os datos máis salientables da vida deste home, a saber:
“Naceu en San Xoán de Fornelos, Pontevedra, o 27 de setembro de 1866. Era fillo de Ignacio Estévez Castro e de Pilar Cambra Rivas. Despois de facer algún estudos no seu pobo natal, trasladouse a Arxentina, radicándose primeiro na localidade de Azul onde tiña uns parentes. Daí pasou a Bahía Branca acompañando como auxiliar de oficina o escribano D. Tomás López Cabanillas o 21 de xuño de 1887. Canda o traballo na excrivanía, facía os estudos precisos para obter o correspondente título, que logrou mediante exámes billantes o 3 de abril de 1889, expedido pola Suprema Corte de Xustiza de La Plata. En 1892 faise cargo como titular da escribanía que fora do seu mestre Sr. López Cabanillas.”
“Naceu en San Xoán de Fornelos, Pontevedra, o 27 de setembro de 1866. Era fillo de Ignacio Estévez Castro e de Pilar Cambra Rivas. Despois de facer algún estudos no seu pobo natal, trasladouse a Arxentina, radicándose primeiro na localidade de Azul onde tiña uns parentes. Daí pasou a Bahía Branca acompañando como auxiliar de oficina o escribano D. Tomás López Cabanillas o 21 de xuño de 1887”
“Fundou e dirixiu a importante revista ‘Foro y Notariado’, cuxo primeiro número saiu en Bahía Branca en xuño de 1912, deixando de publicarse en maio do ano seguinte, para reaparecer en novembro como órgano do Colexio de Escribanos de Bahía Branca, do que Estévez era presidente, continuando como director e publicando en dita revista mui notables traballos doctrinais da súa profesión. Conseguiu que colaborasen nela personalidades españolas do Dereito da categoría de Dorado Montero, Adolfo Posada e Clemente de Diego, que estimaban moito a Estévez Cambra. Tamén colaborou na ‘Revista del Notariado’ de Bos Aires.”
“En 1901 foi laureado có preciado Premio Vélez Sársfield polo traballo titulado ‘Donaciones’ (La Plata, 1901), que presentou có pseudónimo de Fidalgo do Casco, que había de completar con un estudo que escribira sobre ‘Las donaciones ante el Derecho Canónico y la Teología’. Poblicou despois o libro ‘Crítica Notarial’ (Bos Aires, 1926) que foi moi ben acollida polos especialistas na materia.”
“O 20 de xuño de 1937, co galo de cumplírense os cinconta anos de residencia en Bahía Branca, foi obxecto dunha homenaxe extraordinaria, na que se puxeron de relieve as enormes simpatías e admiración que gozaba en tódolos sectores daquela cidade. O 3 de abril de 1939 o cumplir os cinconta anos de profesión os escribanos de Bahía Branca ofrendáronlle un pergamino con medalla douro, de lembranza e homenaxe.”
“En agosto de 1920 fundouse en Bahía Branca unha filial da Casa da Galiza en Bos Aires, cuxa presidencia foille conferida por aclamación a Estévez Cambra. Esta sociedade cedebrou importantes actos culturais e patrióticos de exaltación e relembranza da Terra, algúns de notoria resoancia popular. Esta filial celebrou unha entusiasta homenaxe o 9 de setembro de 1922 na honra de Estévez Cambra, na que se puxo a proba unha vez máis a afectuosa estimación que seus paisanos tiñan pola súa obra e pola súa vida.”
“En agosto de 1920 fundouse en Bahía Branca unha filial da Casa da Galiza en Bos Aires, cuxa presidencia foille conferida por aclamación a Estévez Cambra. Esta sociedade cedebrou importantes actos culturais e patrióticos de exaltación e relembranza da Terra, algúns de notoria resoancia popular”
“Disolta esta entidade e reaorganizada en 1936 co nome de ‘Galicia’, volveu Estévez a formar parte do séu Consello Superior. Colaborou asemade nalgunhas publicacións rexionais, como ‘Vida Gallega’ de Vigo, dirixida por Jaime Solá e outras.”
“Son interesantes os dous artigos que rebatendo a lenda antigalega publicou na revista ‘Céltiga’ (febreiro e marzo de 1926), titulados “Los Gallegos” e defendendo as grandes virtudes das fillos da Galiza.”
En segundo lugar, hai que decir que por fortuna Don Rogelio non pasa desapercibido totalmente para algún dos veciños da parroquia de Fornelos da Riveira. A Asociación Cultural e Veciñal “San Xoán” ocupouse de publicar un opúsculo sobre o que xira este traballo, edición e escolma de textos a cargo de Rafael Sánchez Bargiela e José Merino Rodríguez aló polo 1999.
Deste traballo entresaco detalles interesantes nos que se puntualiza que o lugar de nacimento era Fornelos “da Ribeira”, e máis concretamente o “lugar de Casco”. A familia marterna “tiña varios escribanos públicos na zona de Setados, gozaba dunha posición social que posibilitou que enviasen ó seu fillo Rogelio a cidade episcopal de Tui a iniciar os estudos eclesiásticos, alí cursa os primeiros anos dos mesmos, o que se chama ‘Humanidades’, e que sen dúvida fornécenlle dunha sólida base intelectual que non desaproveitará”, asemade;
“Con somentes 14 anos Rogelio Estévez Cambra como tantos outros dos seus veciños colle o camiño da emigración cara a Arxentina”
“era el miércoles Santo del año 1881, cuando el vapor ‘Valparaiso’ me tomó en el puerto de Vigo para conducirme a las hospitalarias playas argentinas. Sabrán los que me lean que me embarqué con nombre supuesto, porque los amables carabineros tenían la gentilísima intención de hacerme ‘general’ si me atrapaban. Ya había cumplido catorce años. No me sentía con vocación para las armas, ni siquiera para el ‘sable’. Llegué a Buenos Aires el seis de Mayo”.
“Na capital arxentina iniciou a sua andaina de emigrante realizando diversos traballos de escasa cualificación e residido en míseras pensións e barracas, como tantos outros dos seus compatriotas.”
“Fui a dar con mis huesos a la barraca de don Saturnino Unzué, situada frente a la Plaza Constitución, llena entonces de históricas carretas, históricas porque ya han desaparecido y de gauchaje carretero. Se cebaba mate y se encendía fuego para los asados y churrascos en el mismo sitio que es hoy hermoso jardín. Las paredes de la barraca estaban adornadas de…balazos. Pocos meses antes se habían agujereado el pellejo algunos cientos de mitristas y roquistas, partidos que aspiraban a la presidencia de la República para hacernos felices, gobernándonos…”
“En el año 1884 se despertó en mi el germen atávico… Me entraron ganas de ser escribano, o sea Notario, como se dice generalmente en España. ¿No habían sido notarios don Francisco Cuevas y Cambra, don Beremundo Cambra, y otro más que no alcancé a conocer, y que actuaba allá por Setados? ¿No era abogado don Antonio Cuevas y Cambra? ¿Para qué llevaba yo el apellido glorioso de mi madre? Pensado y manos a la obra”.
“Os seis meses acaba dirixíndose á cidade de Azul onde vivía o seu tio Xosé María Cambra Rivas, sacerdote católico naquelas terras. O seu tío materno chamao o seu carón intentando mellorar a sua sorte e acada un posto administrativo na cidade de Azul, en concreto o posto de oficial primeiro na notaría de Tomás López Cabanillas.”
“En 1887 acompaña ó referido escribano o seu novo destino na cidade de Bahía Blanca, a que chegan o 21 de xuño de 1887, cando aquela cidade non tiña máis de cinco mil veciños e percorre diversas fondas e pensións daquela poboación. Pero o seu desexo de progreso persoal lévano a realizar os estudos precisos para obter o correspondente título de escribano expedido pola Suprema Corte de Justicia de La Plata, que acadou o de abril de 1889 cun brillante exame. En 1892 fíxose cargo como titular da escribanía ou notaría do que fora o seu mestre, Tomás López Cabanillas, pouco despois responsabilizouse tamén do Rexistro Civil da cidade.”
“Casou en Bahía Branca con Herminia Strini Taylor, nunha data que descoñecemos inda que sabemos que faleceu en 1925, e ó ano seguinte Estévez Cambra, de visita na su aterra natal, adícalle un funeral de cabodano coa presenza de dezaseis sacerdotes na igrexa parroquial fornelense. Non tiveron fillos.”
“Esta visita de 1926 é ocasión para que Estévez Cambra desenrole unha grande actividade nesta terra, recibe varias homenaxes, participa na ‘Festa da Raza’ na escola ‘La Antorcha’ de Cristiñade, sostida polos emigrantes arxentinos, recibe un grandioso homenaxe no Círculo Mercantil de Vigo, etc.”
“En Bahía Blanca participou activamente na vida social local. Foi conselleiro escolar da cidade. Participou activamente na prensa local”
“En Bahía Blanca participou activamente na vida social local. Foi conselleiro escolar da cidade. Participou activamente na prensa local. En 1887 fundou un semanario satírico e literario que redactaba en colaboración con Miguel Molinero e Lucas Bada, chamado ‘El Heraldo de las Niñas’. Foi director doutro xornal ‘La Prensa’, editado nos anos 1889 e 1990 en colaboración con varios estudiantes da localidade. Colaborou en diversos xornais galegos: ‘El Tea’, ‘El Eco del Condado’, ‘Vida Gallega’, ou ‘Céltiga’ de Bos Aires, así como ‘La Nueva Provincia’ e outros xornais e revistas da República Arxentina.”
“En agosto de 1920, a iniciativa e expensas súas, promoveu a fundación en Bahía Branca dunha filial da ‘Casa de Galicia’ de Bos Aires, acadando a presidencia desta por aclamación. Disolta esta sociedade reorganizouse en 1936, co nome de ‘Galicia’ e voltou Estévez Cambra a figurar como membro do seu Consello Superior.
“Foi nomeado presidente honorario da sociedade ‘Juventud Progresista Hijos de Fornelos y Anexos’, de Buenos Aires. Promotor e presidente do Colexio de Escribanos de Bahía Branca”
Foi nomeado presidente honorario da sociedade ‘Juventud Progresista Hijos de Fornelos y Anexos’, de Buenos Aires. Promotor e presidente do Colexio de Escribanos de Bahía Branca. Polo seu carácter e profesionalidade, ó cumplirse os cincuenta anos de profesión, recibiu dos seus compañeiros unha cálida homenaxe o 3 de abril de 1939, onde o agasallaron con un pergamino e medalla de ouro, en lembranza e sentida homenaxe.”
Do opúsculo habería que destacar tamén unha breve e incompleta autobiografía na que se pregunta,
“ ¿Cal é o home cordo que se atreve a falar con eloxio de sí mesmo? E indiscutible que un se defenda cando lle atacan y saque a luz os feitos que máis lle honren; pero falar de sí mesmo por pura vana gloria, por “farolería”, por exhibicionismo, sin que o que se dí lle interese a outras persoas que a os membros máis achegados da familia…iso non se concibe….”.
Máis adiante dí…
“Miro deica dentro de min mesmo, rexistro minuciosamente todo meu interior, e atópome co que se atopou aquel ladrón que entrou sen sabelo no aposento dun mestre de escola ‘de primeiras y únicas letras’, con intención de roubar: atópome con ‘nada’ que valga unha perra de cinco céntimos no Monte Pío da estimación pública…”
Así de modesto e humilde se autodefinía este home.
“as miñas primeiras armas coa pluma fíxenas na escribanía de don Carlos Varangot, en Bos Aires, pasaxe Roverano…Gañaba unha barbaridade de cartos como pendolista: quince pesos arxentinos e pagaba vinte só de pensión nun fondín da rúa Caridade, que estaba como a unha legua e pico da notaría.”
“…saía pola mañá para a escribanía a cabalo…do cabalo de San Fernando. Facío por placer; non crean vostedes que era por economizar os quince de soldo. As catro e media tornaba da escribanía (praza de Maio) o meu ‘hotel’ da rúa Caridade (máis aló do Once de Setembro).
O regreso tamén o facía a pe e andando…por hixiene, naturalmente. O andar estimula o apetito, cousa moi convinte para min naqueles tempos que tiña pouco…que comer…”
“…o bo dura pouco. Ós seis meses meu chorado e querido tío Xosé María Cambra, a sazón cura párroco do Azul, chamóume o seu carón, para mellorar miña sorte o que non era posible e facerme continuar miña prática noutra notaría do Azul…”
“…o campo no Azul era pequeno prás miñas empresas e aspiracións, levei áncoras e dirixín a proa o porto de Bahía Branca, a Liverpool arxentina, onde me atopo fondeado dende hai preto de vintesete anos…”
“Faleceu na sua cidade adoptiva de Bahía Branca o 24 de xullo de 1939, sendo o seu enterro unha impresionante manifestación de dor, testemuña da admiración e respeto que Rogelio Estévez Cambra tiña entre os cidadáns daquela localidade arxentina”
Faleceu na sua cidade adoptiva de Bahía Branca o 24 de xullo de 1939, sendo o seu enterro unha impresionante manifestación de dor, testemuña da admiración e respeto que Rogelio Estévez Cambra tiña entre os cidadáns daquela localidade arxentina.
Para finalizar, é moi recomendable a visita o blog Condadodesalvaterradominho, doutro fillo destacado desa feligresía D. Manuel Alfonso Estévez, sobriño neto de Rogelio Estévez, onde se poden ler varias entradas relacionadas co noso persoeiro.
(Nota de agradecemento a Xoán Carlos, fotógrafo en Salvaterra e a Gabriel Martínez, que me agasallaron respeitivamente coa obra de Alberto Vilanova e o opúsculo sobre Rogelio Estévez Cambra, sen os cales non sería posible este traballo).