Ponteareas | A alumna de 3º da ESO do CPR A Inmaculada, Sabela Martínez Viéitez, recolleu onte no auditorio Afundación en Pontevedra o premio do III concurso de relato e debuxo contra a violencia de xénero organizado pola Subdelegación do Goberno nesta cidade.
A Subdelegación do Goberno recoñeceu onte cun premio á ponteareá Sabela Martínez na categoría 1 para alumnado da ESO pero ademais entregou un premio colectivo para toda a súa clase que a arroupou durante o acto de entrega no que tamén estaba a concelleira de Ensino e tenenta de alcalde Cristina Fernández.
Cristina Fernández quixo acompañar aos mozos e mozas premiadas e agradeceu no nome de todo o goberno o traballo realizado polo centro educativo destacando o premio acadado polo grupo de 3º da ESO e de Sabela Martínez.
A tenenta de alcalde destacou tamén a importancia de traballar todos xuntos cuestións tan relevantes como a desigualdade e violencia de xénero, pondo o punto de mira na educación da infancia e da mocidade que son a sociedade do futuro.