O Covelo | As traballadoras do SAF (Servizo ao Fogar) de Covelo, lideradas pola súa delegada sindical Patricia Pais, iniciaron unha folga indefinida con concentracións diarias ás 11:30 hrs diante do Concello de Covelo, reclamando os dereitos a un salario e condicións laborais dignas.
Nas concentracións que comezaron a realizar reclaman consignas relativas á mellora das súas condicións salariais e laborais, instando ao alcalde Pablo Castillo a atender ao SAF e denunciando os tratos coa patronal por parte dos sindicatos CC.OO e UXT.