As últimas noticias relacionadas co Sahara Occidental confirman o que o pobo saharauí leva décadas denunciando: a ocupación marroquí recrúase con total impunidade, mentres as potencias internacionais e organismos responsables de facer cumprir o dereito internacional prefiren mirar cara a outro lado ou, peor aínda, colaborar activamente.
Voos de Ryanair: normalizar a ocupación desde o aire
Uno dos feitos máis alarmantes foi o anuncio de voos directos de Ryanair desde Madrid e Lanzarote a Dajla, cidade saharauí baixo ocupación. A Fronte Polisario denunciou estes roteiros como ilegais, pois se realizan sen o seu consentimento e contribúen á normalización dunha ocupación militar que segue sen resolverse desde o punto de vista xurídico internacional.
Lonxe de ser unha simple conexión aérea, estes voos enmárcanse nunha estratexia de lexitimación da ocupación mediante o turismo, a economía e a propaganda, silenciando á poboación saharauí e alzando sobre as súas ruínas unha falsa imaxe de progreso.
…estes voos enmárcanse nunha estratexia de lexitimación da ocupación mediante o turismo, a economía e a propaganda, silenciando á poboación saharauí.
Mapa de AEMET: submisión española á chantaxe marroquí
A aparición dun mapa publicado pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), onde o Sahara Occidental figura como parte de Marrocos, acendeu as alarmas. O grupo parlamentario Sumar esixiu explicacións, lembrando que ese territorio non pertence legalmente ao Reino de Marrocos e que España segue sendo potencia administradora de iure.
Este tipo de xestos, que desde o Goberno Español téntase maquillar como “erros técnicos” ou meras “cuestións administrativas”, teñen un impacto político devastador e contribúen á narrativa marroquí que pretende borrar ao pobo saharauí do mapa.
…o impacto político é devastador e contribúen á narrativa marroquí que pretende borrar ao pobo saharauí do mapa.
Expulsións: Marrocos non quere testemuñas
Nas últimas semanas, produciuse a expulsión de varios xornalistas e representantes políticos españois e europeos que viaxaban ao Sahara Occidental para coñecer de primeira man a situación do territorio e a súa poboación. As forzas de ocupación marroquís negáronlles o acceso ou os obrigaron a abandonar a zona sen explicacións claras.
Marrocos non só reprime á poboación saharauí, senón que tamén impide que se saiba a verdade.
Estes feitos, cada vez máis frecuentes, demostran que Marrocos non só reprime á poboación saharauí, senón que tamén impide que se saiba a verdade. A mensaxe é clara: “quen pretenda contar o que ocorre, será expulsado”.
A pasividade dos gobernos europeos ante estas violacións da liberdade de prensa e do dereito de representación política é alarmante. Onde está a firmeza diplomática cando se vulneran dereitos fundamentais nun territorio que segue sendo considerado “non autónomo” pola ONU?
Economía colonial: investimento para o espolio
Mentres tanto, Marrocos segue desenvolvendo proxectos económicos no Sahara ocupado como o criadeiro de robaliza e dourada en Dajla, presentado como unha aposta pola sustentabilidade. A realidade é outra: unha explotación de recursos naturais nun territorio ocupado sen o consentimento do pobo lexítimo ao que pertencen.
É o modelo clásico do colonialismo: extraer riqueza mentres se marxina e reprime á poboación local.
Resistencia fronte ao silencio
O pobo saharauí continúa resistindo desde os campamentos de Tinduf, desde os territorios ocupados e desde a diáspora. Fronte á propaganda, mantén viva a súa loita polo dereito á autodeterminación e a independencia.
A comunidade internacional, e en especial España, como potencia administradora, ten a obrigación moral e xurídica de actuar. Cada voo, cada mapa manipulado, cada expulsión de observadores ou xornalistas, é un paso máis cara á lexitimación dun réxime autoritario que ocupa pola forza un territorio que non lle pertence.
A comunidade internacional, e en especial España, como potencia administradora, ten a obrigación moral e xurídica de actuar
Calar é colaborar.