Os veciños e veciñas de Salceda poderán disfrutar do Día do Terror
Salceda de Caselas | O Concello de Salceda vai a acoller o 31 de outubro a Noite do Terror, ás 16:00h terán protagonismo os máis pequenos, que poderán serán os encargados de realizar diferentes deseños nas cabazas que traian. O lugar do taller terá lugar na praza do Concello e convidamos a todos os pequenos e pequenas a que participen na elaboración de cabazas para o SAMAÍN, para iso deberán anotarse previamente na Casa da Cultura, e vir vestidos para a ocasión. A partir das 21:00 h terá lugar o Roteiro do Terror, para poder participar os interesados deberán inscribirse na páxina do Concello www.salcedadecaselas.es en EVENTOS. Xa son moitos os inscritos nesta actividade e os que se queiran apuntar, deben facelo antes do venres 26 de outubro.
A actividade que se vai a realizar está incluída no Proxecto de Dinamización Turística de Salceda, este proxecto ten como finalidade, ofertar aos veciños e veciñas de Salceda unha elevada gama de ofertas culturais, turísticas,.. que abarquen moitas das opcións de ocio demandadas polos veciños e veciñas de Salceda.
Loli Castiñeira, concelleira de Turismo de Salceda de Caselas, asegura que “traballamos arreo para atender as necesidades dos nosos veciños e veciñas de Salceda e dende o Concello queremos que o noso pobo sexa recoñecido pola súa gran acción social, e queremos agradecer ás asocicacións do Concello que colaboran con nos para realizar moitas das actividades que ofertamos, neste caso á Asociación Treze Catorze, quen están a traballar connosco na actividade”.