Os veciños e veciñas contarán
Salceda de Caselas | O Concello de Salceda de Caselas, está a cometer nas beirarrúas do casco urbán un Plan de mellora da accesibilidade. Se adoptará unha medida de mellora na modificación de infraestructuras consistente en eliminar barreiras arquitectónicas rebaixando as beirarrúas para facilitar o acceso de caderias de rodas de minusválidos ou de carriños para bebés.
Estas obras que se están a levar a cabo son a segunda fase do Plan xa iniciado na anterior lexislatura e que con esta segunda fase se concluirá a accesibilidade integral do casco urbán. Estase a executar con persoal municipal propio, baixo a coordinación na dirección das Consellarías de Tráfico e Seguridade e Vías e obras para os que ten como obxetivo primordial, facilitar a mobilidade a todos os veciños e veciñas de Salceda. A través do Plan de seguridade e mobilidade cidadá está a modificar as infraestructuras actuais para permitir unha maior fluidez e comodidade para os viandantes do termo municipal.
Jose Luis González, Concelleiro de Tráfico e Seguridade, incide na “importarcia de que as persoas que teñan complicacións para moverse na vila, como tamén as nais e pais con carriños de bebés, poidan acceder a todos os lugares de destino eliminando as barreiras arquitectónicas. Non queremos unha vila que dificulte o acceso e mobilidade das persoas, por iso estamos a traballar arreo para mellorar a nosa vila”.
Fortunato Álvarez, Concelleiro de Vías e Obras, asegura que “a nosa ambición xa comezou coa humanización de espazos que permitisen as persoas poder moverse libremente no centro da vila, evitando en gran medida, a afluencia de tráfico en determinados lugares que representaban un perigo, poñendo en risco a segridade das persoas. Seguiremos traballando para que Salceda continúe mellorando e sexa unha vila cada vez máis humana”.