Salceda homenaxea a tres grandes mulleres o domingo das Festas do Cristo


Salceda | Gran momento emotivo disfrutado o domingo das festas do Cristo en Salceda de Caselas. O Goberno municipal homenaxeou a tres grandes mulleres do noso concello, Isabel, Esperanza e Concepción, sendo as encargadas de integrar ás centenarias do noso concello.
Na homenaxe non só se buscaba salientar a importancia da idade, senón, que o que se pretendía é destacar unha vida adicada á loita e ao esforzo que tiveron que atravesar nos anos máis escuros da Guerra Civil e posguerra, nos que tiveron que loitar contra a situación económica que atravesaba o país.
Ao acto non puideron asistir as homenaxeadas, sendo representadas polos seus seres queridos, quen son os que poñen todo o seu empeño en cuidar e velar pola súa  saúde adicando gran parte da súa vida no coidado de Isabel, Esperanza e Concepción.
O acto multitudinario foi acompañado pola Banda de Música de Salceda de Caselas, e das palabras que tanto os representantes das homenaxeadas, como a Concelleira de Cultura Teresa Pérez e o Alcalde Marcos Besada, nos fixeron disfrutar dun acto cargado de emoción.