Salceda pagará facturas pendentes grazas a un remanente de 1,4M€ en tesourería

Deberá contar coa aprobación do Pleno Municipal

Salceda de Caselas | As medidas postas en marcha polo goberno municipal e súa axeitada contención de gasto sen restar servicios a veciñanza, permite contar con un remanente positivo de tesourería de case 1,4 millóns de euros, provintes do exercicio de 2023. Estes cartos poden ser empregados en pago de facturas sen ter que acudir a un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito.

Por esa razón, a alcaldesa ben de convocar unha sesión extraordinaria da Corporación, que debera aprobar este trámite, con obxectivo de que as empresas, que realizaron traballos para o Concello, poidan cobrar. O total do remanente de tesourería para gastos xerais é de 1.395.562,07€, dos cales se propón nesta ocasión a incorporación ao orzamento de 1.032.358,87€ que permitirían o pago das facturas pendentes ata abril de 2024, incluídas as que están pendentes de aprobación a través de Recoñecemento Extraxudicial de Crédito do ano 2023.

O Pleno Municipal é o órgano que debe aprobar este pago, o que posibilitará que os provedores e empresas que realizaron traballos para o Concello e están pendentes de cobro poidan facelo axiña. O equipo de goberno confía en que os tres partidos que forman parte da oposición se sumen a proposta e permitan que saia adiante para poder pagar canto antes.

O actual equipo de goberno leva realizado unha política de contención de gasto e optimización da xestión económica ao longo desta lexislatura, polo que as facturas pendentes son facturas de obras e servizos necesarios e imprescindibles para a veciñanza, que en moitas ocasións hai que contratar aínda non contando con partida orzamentaria pola urxencia das diferentes situacións que se van producindo.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda destaca a “xestión e compromiso de pago” como “ as premisas deste Equipo de Goberno”. “Temos ferramentas para poder pagar aos nosos provedores polos traballos realizados por e para a veciñanza: máis dun millón de euros que nos van permitir actualizar os pagos deste Concello”.

A rexedora lembra que se deixa ao mesmo tempo déixase unha reserva de máis de 300.000€ para vindeiros pagos de facturas ao longo do ano.