Salceda prepara 20.000 racions de callos para o vindeiro Domingo

Frigolouro será de novo a encargada de preparar o afrodisiaco potaxe
Salceda de Caselas | O Concello de Salceda de Caselas ven de presentar a XX edición da Festa dos Callos, que se celebrará o vindeiro 2 de setembro. Na presentación, ademáis de Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, e Marcos Besada, alcalde de Salceda, como ven sendo habitual estiveron tamén presentes representantes do Concello do Porriño, neste caso Teresa Veloso, Concelleira de Benestar, Igualdade e Cultura e Mª Jose Martínez, Concelleira de Medioambiente e Sanidade, ademáis de Alejandro Alonso e Julio Barros en representación da empresa Frigolouro.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda, destacou que con esta festa péchase o ciclo festivo do verán. Agradeceu a presenza dos compañeiros do Porriño, destacando o “irmandamento” entre os dous concellos, non só no referente aos callos, senon que se trata de dous concellos que van da man en moitos proxectos e no día a día. O alcalde lembrou que se espera a presencia dunhas 20.000 persoas e agradeceu a implicación do persoal do Concello asi como dos máis de 50 voluntarios que traballarán na festa. Tivo tamén palabras de agradecemnto para a empresa Frigolouro, encargada da elaboración do prato.
Alejandro Alonso, xefe de cociña do equipo de Frigolouro dixo que este ano se van preparar unhas 22.000 racións de callos. Así mesmo, reiterou que ninguén que desexe probar os callos se vai ir sen facelo, porque están preparados para satisfacer toda a demanda que se presente. Para preparalos utilizará 1600 kilos de ventre vacún, 950 kg de pata de tenreira, 400 kg de lacón curado, 350 kg de chourizo e 2400 kg de garbanzos.
Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, presentou a programación que acompañará a festa, apostando por unha programación que se alongué dende o venres ata a noite do domingo, facendo así que Salceda atraia a máis visitantes se cabe nunha fin de semana intensa. A Concelleira aproveitou para convidar ao público a asistir na noite do sábado ao VI Serán dos Callos, aproveitando así para ver xa a preparación na mesma Praza do Concello dos callos que se servirán o domingo, e que se cociñan dende as 02:00 da madrugada para que estean listos en torno ás 08:30.
PROGRAMA:
VENRES, 31 DE OUTUBRO:
20:00 Salceda Hip Hop, no entorno da Rúa Pontevedra e da Praza do Concello.
SÁBADO 1 DE SETEMBRO:
Búsqueda do callo perdido.
17:00 Saída da Praza do Concello e peche no Pavillón Municipal (aprox. 20:00).
Teatro do Morcego: “A función do tequila”. Manuel Manquiña, Santiago Fernández, Luisa Merelas e Elina Luaces. (Venta de entradas anticipada na Casa da Cultura).
21:00 Auditorio Municipal
VI Serán dos Callos. 22:30 Praza do Concello
DOMINGO 2 DE SETEMBRO:
9:30 Apertura de taquillas e despacho de callos
11:00 Charanga SGHAE
12:00 Lectura do pregón a cargo de Avelino González (Miñato)
17:30 Grupo folclórico da Asociación Cultural Barca de Loimil (Arbo). Praza do Concello
18:00 Animación infantil. Praza do Concello
20:00 Monólogo de Avelino González. Auditorio Municipal. (Venta de entradas anticipada na Casa da Cultura).
21:30 Dinamik dance. Praza do Concello
E ADEMÁIS…
– Feira de artesanía no C. S. A Devesa. Organiza: Asociación de Xubilados e Pensionistas de Salceda e Asociación de Mulleres Rurais de Salceda.
– Exposalceda (Feira de oportunidades) no Pavillón de Deportes. Organiza: ACISA