Salceda de Caselas | O Concello de Salceda súmase áscolaboracións do Festival de Cans, e faino a través da participación da Banda Cultural de Salceda. O vindeiro sábado 24 de maio, a partires das 13:00, a banda estará no torreiro de Cansofrecendo concertó e pasarrúas, e facendo a estrea en primicia do pasodobre “Agroglamour en Cans”, escrita por RoxelioGroba.
Salceda únese así a un festival único que ano a ano medra en calidade e en número de asistentes, contándose xa por milleiros as persoas que acuden as diferentes citas co cine e a festa en xeral.
Para facer pública esta colaboración, o Concello de Salceda ven de colocar o can amarelo representativo do festival nas fachadas da Casa da Cultura Castelao e da Casa da Música, sede da Banda de Música Cultural.
Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, agradeceu a implicación e a boa disposición da Banda Cultural de Salceda dende o primeiro momento en que se lle plantexou a posibilidade de colaboración co festival, mostra unha vez máis da actitude de traballo man a man entre agrupación musical e Concello.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda, aproveitou para destacar o importantísimo traballo que está a levar Alfonso Pato xunto con todos os implicados no festival, e a maneira de demostrar como con poucos recursos se poden facer grandes eventos cando a actitude é a correcta.