Comeza o Salceda Urbán nun dos accesos ao parque Raíña Aragonta. O proxecto, que se presentou no Concello para o deseño de graffites, comeza hoxe a facerse realidade
Salceda de Caselas | Hoxe tres graffiteros cuxas firmas corresponden a Powone, Gory e SW están a realizar o seu primeiro Graffite no espazo que lles proporciona o Concello para o desenvolvemento do Programa de Salceda Urbán. Sendo o espazo un dos accesos ao parque Raíña Aragonta, que ten titularidade privada, para o que o Concello, tras unha reunión con todos os seus propietarios conta co seu permiso.
O Programa Salceda Urbán comezou a porse en marcha en outubro do ano pasado, cando unha serie de graffiteros, entre eles algún do que está a por en marcha este proxecto, se puxeron en contacto co Concello para solicitar a posibilidade de habilitar espazos públicos, ou privados, para poder representar o seu arte.
Dende esa conversa o Concello estivo a traballar nun modelo único para solicitar un espazo graffiteiro nun espazo habilitado, presentando, o solicitante, sempre un pequeno proxecto cun voceto co que se quere representar. Os espazos cos que se vai a contar para realizar estos proxectos son aqueles que o Concello habilite para a causa, nos demáis espazos seguirá estando prohibido realizar calquer tipo de práctica similar.
Hoxe un grupo de graffiteiros están a utilizar este espazo, para o que se contou co permiso de todos os propietarios deste espazo, que presentaba un estado de abandono e se convertía en muro de constantes pintadas non realizadas polos graffiteros.
Estase a pensar noutros posibles espazos para incluir dentro do Salceda urbán, algúns deles con temáticas condicionadas polo entorno e outras zonas de libre expresión.
Dende a Concellaría de xuventude, dirixida por Loli Castiñeira, agradece este tipo de colaboración con grupos de persoas responsables e respetuosas cos espazos determinados, e fai un chamamento aos que realizan pintadas ilegais, para que respeten o traballo destos artistas, así como dos espazos públicos que poidan ser obxecto de pintadas. “Na nosa man está en embelecer Salceda para que todo o mundo poida disfrutar so noso entorno”.