Monforte de Lemos | José Tomé Roca, alcalde de Monforte, mantivo un encontro co ex-ministro de Sanidade e actual secretario do Partido Socialista de Cataluña, Salvador Illa, durante a visita que o político catalán realizou a Monforte.
Ámbolos dous reuníronse no Parador de Turismo de San Vicente, e intercambiaron opinións sobre a situación política xeral.
En particular, José Tomé expúxolle a situación actual tanto de Monforte de Lemos como da provincia de Lugo. Do mesmo xeito, Salvador Illa trasladoulle ó rexedor monfortino a súa visión sobre a política nacional e en Cataluña.
Tomé quedou en devolverlle a visita a Cataluña, tan pronto como sexa posible, á sede dos socialistas cataláns, dado que o alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo mantén unha excelente relación coa presidenta da Deputación de Barcelona, Nuria Marín.