Salvaterra abre o prazo para o Enterro da Lamprea 2023

Do 27 de xaneiro e ata o 8 de febreiro

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño ven de anunciar que a partir do día 27 de xaneiro e ata o 8 de febreiro queda aberto o prazo de inscrición para todos aqueles que queiran participar, con comparsa ou carroza, no Enterro da Lamprea 2023, que este ano celebrarase o próximo 25 de febreiro, a partires das 17.00h.

Aínda que o Concello, por motivos de seguridade, de organización e espacio, resérvase o dereito de reducir ou ampliar o prazo de inscrición.

Neste desfile poderán inscribirse todas aquelas Comparsas e Carrozas, que cumpran os requisitos. Solo se poderá inscribir unha comparsa ou carroza por asociación ou persoa.

Modalidades:
Categoría de Carroza: Poderán participar nesta categoría todas aquelas carrozas que teñan como mínimo 25 participantes e unhas dimensións mínimas de 5 m de largo.

Categoría de Comparsa: Poderán participar nesta categoría as comparsas que teñan un mínimo de 20 membros.

As comparsas ou carrozas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario coma na súa actuación. Non se considerarán como comparsas ou carrozas con dereito a inscrición e participación aquelas que en anos anteriores repetiran, no sustancial, o seu disfrace.

Os premios a participación oscilarán entre os 100 e os 600,00€, dependendo da categoría e da cantidade de participantes. Dende o Concello queren recordar que todas aquelas persoas que queiran participar no enterro de forma persoal e non a través dunha carroza ou comparsa poden facelo dentro da propia comitiva da defunta lamprea, formando parte do grupo de Choronas que acompañan a lamprea, de loito riguroso.

A saída do desfile, de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea do Entroido 2023 de Salvaterra, está prevista para as cinco da tarde, dende a Rúa Rosalía de Castro, discurrindo por Castelao, Rúa Galicia, dona Urraca e Praza do Concello.