Salvaterra de Miño | O PIT A Canuda abrirá as súas portas dende o día 1 deste mes de xullo e ata outubro para ofrecer un servizo de información e promoción que reforce o traballo que se realiza durante todo o ano no Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea.
O servizo que está dentro da rede de oficinas Info Rías Baixas e subvencionado polo Padroado Rías Baixas da Deputación de Pontevedra proporcionará os turistas que se acheguen ata o noso concello toda información que precisan de Salvaterra e toda a contorna. O horario deste punto de información será de venres a domingo e festivos de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas nos meses de xullo e agosto e para os meses de setembro e outubro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.