Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño segue incrementando a rede de saneamento nas distintas parroquias da vila, a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Estas obras, realizadas en Pesqueiras, forman parte do plan de mellora da rede de saneamento municipal e teñen como fin seguir ampliando o servizo ofrecido aos seus veciños de Gallamonde coa instalación dun tramo de colector de 305 metros de lonxitude de PVC de 250mm de diámetro que dará saída a dez vivendas.
Por outra bandao, o Concello de Salvaterra de Miño anuncia que dende o próximo luns 18 poderanse recoller os vales das axudas para libros e material escolar de Educación Infantil do curso 2023-2024. En total foron 19 as solicitudes que se presentaron por rexistro e das cales 10 resultaron concedidas e 9 denegadas.
Deste xeito, a Concellería de Educación entregará 10 cheques de 75 euros que as familias poderán utilizar para mercar material escolar ou libros. Os criterios que se tiveron en conta para conceder a axuda son: estudar nalgún dos centros do concello, estar empadroado en Salvaterra de Miño e non superar o límite establecido nas bases de renta per capita da unidade familiar. O listado definitivo publicarase na Sede Electrónica Municipal.