Salvaterra ampliará o taboleiro da Ponte Internacional con Monção

Publicada a resolución no Boletín Oficial do Estado

Salvaterra de Miño | O Boletín Oficial do Estado con data do 17 de agosto de 2023 ven de publicar a resolución que permitirá a Xunta de Galicia e Goberno Portugués iniciar os trámites para a elaboración do proxecto de evaluación técnica e de custos da amplicación do actual taboleiro da Ponte Internacional Suso Vaamonde.

O proxecto, enmarcado dentro do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible e o Plan de Movilidade Urbana Sostible do Concello de Salvaterra de Miño, posibilitará a instalación dun carril bici e peonil na ponte que une Salvaterra de Miño con Monção.

Dita resolución chega despois de anos traballo conxunto cun protocolo asinado o 28 de outubro de 2021 na cumbre España-Portugal e de acordo co asinado o 15 de marzo de 2023 na cumbre España-Portugal de Lanzarote. Agora España da luz verde para que se poida iniciar a elaboración dun proxecto ambicioso que mellorará a accesibilidade sustentable e a seguridade entre a Eurocidade Salvaterra- Monção

VI concentración de Clásicos Fiolledo
Ata o momento a organización conta con máis de 200 participantes pero o prazo de inscrición non remata ata o 25 de agosto. A primeira fin de semana de setembro a Asociación Cultural Club de Clásicos Fiolledo Condado Paradanta organiza a sexta edición da Concentración de coches clásicos e ruta “Clásicos Fiolledo” en Salvaterra de Miño.

A xornada dará comezo ás 09:00 da mañá coa recepción de coches no Parque da Canuda e ás 10:00 sairán os coches cara a ruta que parará para comer no Restaurante Castelo e que despois seguirá o seu percorrido ata o Campo de Fútbol de Corzáns onde haberá diferentes actividades, comida, música e sorteos.

O prazo de inscrición remata o vindeiro 25 de agosto e os interesada/os poderán anotarse no teléfono 678 261 882 ou no correo clasicosfiolledooficial@gmail.com