Salvaterra de Miño | Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar en Xunta de Goberno a Convocatoria dos “Premios de Educación para o curso 2020/2021”.
Os ‘Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño’ naceron co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xóvenes. Un proxecto máis froito da interacción e colaboración entre os Centros Educativos do Municipio e o Concello, na procura de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes, hábito que marcará o seu futuro e que os poñerán en valor como persoas e profesionais.
Nese sentido e se cadra, agora máis ca nunca tendo en conta a situación que continuamos a vivir e a importancia que se cabe áinda máis haberemos de outorgalle a valores como os que este tipo de convocatorias pretende incentivar tales como o esforzo, loita, superación…, nun mundo cada vez máis difícil, competitivo e incerto, consideramos necesario continuar mantendo esta convocatoria adaptándoa ás circunstancias que seguemos a ter. Sería moi inxusto ademáis, co gran traballo e esforzo que toda/os están a realizar, que este ano se quedaran sen estes premios…
“O salón de Plenos de Salvaterra acollerá o vindeiro venres 2 de xullo, o acto de entrega dos ‘premios Educación 2020/2021’ ás 11.00 horas”
Por este motivo, o salón de Plenos de Salvaterra acollerá o vindeiro venres 2 de xullo, o acto de entrega dos “premios Educación 2020/2021” ás 11.00 horas -para o alumnado de Primaria- e ás 12.00h -alumnado do IES- e ao que asistirán os premiados puidendo ser acompañados por un máximo de dúas persoas cada un, acorde ás restriccións e recomendacións que a situación nos plantexa pero que, a pesares destas limitacións, non queríamos tampouco que os rapaces desta edición, xa de por sí tan complicada e especial, perdesen este momento.
O concello repartirá un total de 14 lotes informáticos e 3 portátiles en substitución das tres Bolsas ao Reino Unido limitadas polo COVID, uns premios valorados en preto de 9.000,00€