Salvaterra de Miño | Un dos sectores máis afectados pola situación sanitaria provocada pola COVID-19 , sen lugar a dúbidas, é o sector do comercio, afectado pola reducción de horarios de apertura e limitacións de aforo, así como polos peches temporais que viñeron impostos a un gran número de negocios que, aínda que abertos, viron minguada en gran parte a súa actividade.
O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar unha serie de axudas económicas para paliar, en parte, os gastos xerados polos sectores económicos (hostalería, comercio, axencias de viaxes, ximnasios ou similares, sempre que sexan PEMES con ata 10 persoas empregadas e autónomos) que viron afectada a súa actividade durante a pandemia, co fin de que os prexudicados por esta situación, poidan sufragar os gastos fixos realizados ou devindicados entre o 14 de marzo de 2020 ata o 31 de decembro de 2021.
O importe destinado a esta convocatoria é de 28.624,41€uros, ao abeiro da Liña 2, cantidade adicional, do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra.
Unha axuda que complementa os 38.000,00€ que o Concello de Salvaterra de Miño aportou ao 2º Plan de Rescate da Xunta de Galicia para chegar de forma axil e directa ao sector da hostalaría.
A axuda consistirá nunha cantidade única coa que se apoia o compromiso de manter a actividade económica e o emprego.
1) Concederase unha cantidade fixa de 800 € para as persoas físicas ou xurídicas que realicen unha actividade que se viu obrigada ó peche de actividade.
2) Concederase unha contía fixa de 400 € para as persoas físicas ou xurídicas que realicen unha actividade que non se viu afectada polo peche de establecementos obrigatorio, sempre e cando educció unha educción de facturación igual ou superior ó 40%, con relación á media do ano 2019.
No caso de non poder realizarse a comparativa por tratarse dunha empresa creada no ano 2020, terase en conta o anterior trimestre do ano 2020, ou aquel de maior facturación ós efectos de acreditar este extremo.
O prazo para a solicitude das mesmas entrará en vigor unha vez se publiquen o extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Para máis información e documentación: https://concellodesalvaterra.sedelectronica.gal/info.0