Salvaterra de Miño | Esta mañá o Grupo de Goberno presentaba ao Pleno da corporación, para a súa aprobación, o convenio con Augas de Galicia para as obras da Nova EDAR do Mendo.
Un proxecto que estará cofinanciado polo Concello de Salvaterra de Miño e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027. Obra que ascende a 2.000.000 millóns de euros e que se pretende estea rematada no ano 2026.
Esta obra englóbase nas actuacións de mellora e ampliación da rede de saneamento que está levando a cabo o concello de Salvaterra de Miño.
Despois de preto de 4 anos de trámites administrativos e de realizar a compra de terreos, o Pleno da Corporación ven de autorizar a Alcaldesa de Salvaterra a sinatura do convenio que permitirá arrancar coa licitación das obras no 2024.
Unhas obras moi necesarias para dar continuidade a rede de saneamento existente nas parroquias de Leirado, Soutolobre, Meder, Corzáns e Fiolledo que permitirán iniciar novas inversións nesas parroquias que verten a conca do Mendo e para o futuro saneamento de Oleiros.
As actuación a realizar consisten nun pozo de bombeo en As Santas que recollerá as augas residuais pola rede de saneamento existente e impulsaraas hacia a parcela onde se ubicará a nova EDAR, que serán impulsadas a través dunha impulsión de polietileno ata a pranta da Estación Depuradora que terá unha zona de pretatamento, de bombeo e de tratamento biolóxico que dirixirá as augas tratadas a través doutro pozo de bombeo a un novo colector emisario ata o Río Miño.