Salvaterra aproba o seu III Plan Municipal de Igualdade

Financiado pola Deputación de Pontevedra

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar este xoves o III Plan Municipal de Igualdade de Mulleres e Homes de Salvaterra de Miño co obxectivo de seguir avanzando cara a un municipio máis igualitario.

Unha acción financiada pola Deputación de Pontevedra a través da liña de axudas para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero e o propio Concello de Salvaterra de Miño.

Este plan, promovido pola concellería de Igualdade, é un plan de traballo para os vindeiros 4 anos con 8 ámbitos de actuación referentes a educación, cultura, formación, saúde, deporte, seguridade ou urbanismo e que ten como obxectivo implicar a entidades sociais, económicas, da cultura, o deporte e en xeral a toda a sociedade.

O III Plan Municipal de Igualdade marca a liña de traballo xa iniciada en favor e para contribuir a eliminar as desigualdades, en contra da violencia de xénero e en defensa dos dereitos das mulleres. Ademais constan medidas de igualdade, xestión, comunicación, con formación a través de obradoiros e seminarios que forman parte do plan durante os catro anos.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.