Salvaterra celebra o Día Internacional de Acción polos Ríos

Este 14 de marzo co proxecto Mares Circulares

Salvaterra de Miño | O vindeiro martes 14 de marzo é o Día Internacional de Acción polos Ríos, unha data importante no calendario do proxecto Mares Circulares organizado por Coca-Cola e a Asociación Chelonia.

Coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño e de Empresarias Galicia, e dentro do seu compromiso de concienciación e coidado do Patrimonio Hidrográfico, os impulsores deste proxecto internacional consideran o noso paseo fluvial como un punto estratéxico dada a unión con Portugal, país veciño e parte do mesmo proxecto.

É por iso que o vindeiro martes en horario de 10:30 a 14:00 horas, levarase a cabo unha recollida de residuos en dous puntos do paseo: No parque A Canuda dende a Policía Local ata a EDAR, e o outro onde a Ponte Medieval da Fillaboa.

Ao redor de trinta alumnos do IES Salvaterra de Miño participarán nesta xornada, onde previamente terán dentro das instalación do Centro, unha charla explicativa levada a cabo por membros da Asociación Chelonia para pautar a xornada e concienciar aos rapaces e rapazas da importancia de manter limpos os ríos e toda a vida que alí existe.

Dende O Concello queremos trasnmitir os nosos parabéns ao IES por sumarse a este proxecto e agradecer a Asociación Chelonia e a Coca-Cola por levar a cabo este proxecto biosaudable e contar con nós.

200 cursos online na Aula Mentor
O Concello de Salvaterra de Miño  pon en marcha unha “Aula Mentor”, na nova aula de Novas Tecnoloxías situada na Casa de Cultura de Salvaterra, a cal xa funciona de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00horas.

A través desta nova iniciativa de formación telemática, a veciñanza pode beneficiarse dun amplo catálogo de cursos online.

As persoas interesadas nesta iniciativa de formación online poden contactar co Concello por teléfono ou ben a través do correo electrónico salvaterrademino@aulamentor.es
Aula Mentor ofrece formación non regrada, flexible e con titorías personalizadas. Unha vez realizado o proceso de matrícula, as persoas beneficiarias poderán completar os seus cursos na propia aula de novas tecnoloxías ou ben nas súas casas.

O programa de formación do Aula Mentor, busca mellorar as posibilidades de emprego través da formación online, desenvólvese en Salvaterra de Miño en virtude dun convenio asinado entre o Concello e o Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Para acceder a toda a información sobre o proxecto e máis o catálogo de cursos accesible poderán facelo na ligazón https://www.aulamentor.es/