Salvaterra de Miño celebrou a XVI edición dos Premios de Educación 2021-2022

Un proxecto de interacción cos seus centros educativos

Salvaterra de Miño | Este ano continúa a ser unha edición particular pola propia especialidade da situación que nos toca vivir, motivo precisamente polo cal e, máis que nunca! se cabe co esforzo extra que isto está a supoñer, queríamos que os alumna/os puidesen optar tanto á convocatoria e os premios como a este pequeno momento, homenaxe, pequeño xesto de recoñecemento para con eles…, aínda coas limitacións e adaptacións oportunas.

Os ‘Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño’  naceron co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xóvenes.

Un proxecto máis froito da interacción e colaboración entre os Centros Educativos do Municipio e o Concello, na busca de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes, hábitos que marcarán o seu futuro e que os poñerán en valor como persoas e profesionais.

Nese sentido e se cadra, agora máis ca nunca! tendo en conta a situación na que nos atopamos e a importancia que incluso áinda máis haberemos de outorgalle a valores como os que precisamente este tipo de convocatorias pretende incentivar, como o esforzo, loita, superación…, nun mundo cada vez máis difícil e incerto, crimos necesario manter esta convocatoria. Sería moi inxusto ademáis, co gran traballo e esforzo, reto e desafío… , que TODOS (dende alumn@s familias, centros!…) houberon de realizar, que precisamente non puideran optar a eles…

“Os premios, en substitución das Bolsas ao Reino Unido impedidas polo COVID, consistirán en 3 ordeadores portátiles  dun valor de case 1.400€ cada un deles”

Ese é o motivo de dividir o acto en dous por etapas e asimesmo, continuando nesta liña de adaptacións, este ano o Concello repartirá un total de 14 lotes informáticos mais o cambio tén sido para os alumnos/as de Bacharelato onde habitualmente se conceden as bolsas ao estranxeiro e nestas edicións houberon de ser adaptadas. Os premios pois en substitución das Bolsas ao Reino Unido impedidas polo COVID consistirán en 3 ordeadores portátiles  dun valor de case 1.400€ cada un deles, debido as restriccións de movilidade provocadas pola crise sanitaria na que estamos inmersos

OS PREMIOS consistirán:

A).— 14 LOTES INFORMÁTICOS valorados en 344€ e compostos de:
TABLET, funda, Powerbank portátil e tarxeta memoria micro 64GB) que se distribuirán entre os alumn@s de primaria, 4º de ESO, Ciclo Formativo de Grado Medio de Soldadura e Caldereiría e FP Básica de Carpintaría e Moble.

B).- 3 ORDEADORES PORTÁTILES (PARA BACHARELATO EN SUBSTTUCIÓN DAS BECAS AO REINO UNIDO impedidas polo Covid) por importe cada un de 1.390€

LISTA PREMIADOS
A).- LOTES INFORMÁTICOS

1.1) CEP CARLOS CASARES ALXÉN
ainoa porto castro.
julia bernárdez lago.

1.2) CEIP de LEIRADO
héctor pérez domínguez.
álvaro souto fonseca.

1.3) CEIP Infante Felipe de Borbón
Noa Cambra Martínez
Inés Álvarez Murillo
Carla Domínguez García.
Sabela Mata Álvarez.

1.4) 4º E.S.O
CRISTIAN PÁRAMOS LÓPEZ.
NOELIA SERRANO SAINZA.
SARA FERREIRA PEREIRA.

1.5) Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería:
brais gómez muñoz

1.6) FP BÁSICA DE CARPINTARÍA e MOBLE:
PEDRO MORA MÍGUEZ.

B.- 3 PORTÁTILES: valorados en 1.390€ (BACHARELATO-,en substitución por mor do COVID das Becas Reino Unido).
ALBA OJEA DOMÍNGUEZ.
DANIEL ÁLVAREZ NÚÑEZ.
ANXO AÑÓN RODRÍGUEZ.