Salvaterra de Miño | A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, e o 1º Tte de Alcalde e Concelleiro de Medio Ambiente, Ernesto Groba González, reuníronse coa empresa INOVA LABS que está elaborando o Plan de Acción polo Clima e Enerxía Sostible (PACES) para o Concello.
Este Plan está financiado pola Consellería de Medio Ambiente a través da orde do 5 de maio, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto de Alcaldías para o clima e a enerxía sostible, cofinanciadas polo Fondo Europeo do Desenvolvemento Rexional, con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Un dos compromisos que adquiren os Concellos que se incorporan oficialmente ao Pacto de Alcaldías é a elaborar o seu Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible nun prazo de dous anos. Este plan de acción describe os pasos que deben darse cara os seus obxectivos do 2020 ao 2030, e que ten como fin reducir un 40% as emisións, e que o Concello aprobará antes do 30 de novembro deste ano.
Este Plan incluirá por un lado un Inventario de emisións, tomando como referencia o ano 2018, e as accións de mitigación. Por outro lado unha análise de riscos e vulnerabilidade e as accións de adaptación. Unha vez aprobado, e para avaliar os resultados o Concello terá que presentar un Informe de Seguimento cada dous anos. Cada catro anos actualizarase o inventario de emisións para ver o progreso en relación coa mitigación das emisións e o consumo de enerxía.