Salvaterra do Miño | O Concello de Salvaterra de Miño informa que xa están rematadas as obras, e polo tanto aberto, queda aberto o Punto Limpo Básico de Tratamento Ecolóxico de Residuos para Autocaravanas, dende ao fin de semana pasada. Nestes poucos días que leva aberto, o Concello ven de corraborar a grande incidencia e demanda que tiñan os usuarios deste tipo de vehículos na nosa zona, xa que en solo un par de días que leva habilitado e sen sequera publicidade, máis dunha decena de autocaravanas achegáronse ao novo punto, ubicado ao final do Parque Público A Canuda
Convén dicir que o auxe do turismo de autocaravana cobrou unha magnitude moi importante nos últimos anos. Estímase que o parque total destes vehículos na Unión Europea alcanza 1.500.000, chegando cada ano a España ao redor de 450.000 autocaravanas superando de este xeito a visita de 900.000 turistas. Cómpre ter en conta que o turismo itinerante en autocaravana está presente ao longo de todo ano.
Para captar este tipo de turismo é importante ter unha pequena infraestructura que permita que estes vehículos poidan vaciar os seus depósitos de augas grises e negras, para enchelos novamente. Por tanto, dispor deste tipo de áreas constitúe un factor determinante na planificación das rutas escollidas para as visitas gastronómicas, cultural, compras… en definitiva, supón un aumento considerable de turistas que incrementará notablemente a economía local.
“A zona de implantación do ‘PUNTO LIMPO DE SERVIZOS PARA AUTOCARAVANAS’ está ubicado nunha parcela de 4.750 m2 situada no extremo occidental do Parque de “A Canuda”, da que se ocupa 900m2”
A zona de implantación do “PUNTO LIMPO DE SERVIZOS PARA AUTOCARAVANAS” está ubicado nunha parcela de 4.750 m2 situada no extremo occidental do Parque de “A Canuda”, da que se ocupa 900m2.
Coa posta en funcionamento deste servicio o Concello de Salvaterra de Miño busca potenciar o desenvolvemento económico, social e cultural así como de una manera clara apostar por seguir potenciando o turismo no municipio que ofrece unha oferta turística ampla e variada, dende o ámbito cultural e histórico ao medioambiental, co Parque Público A Canuda, cos máis de 30km de sendas verdes polos seus ríos, o Recinto Amurallado, o Museo da Ciencia do Viño ou o Espazo Termal Lúdico de Teans, son un exemplo calro do potencial turístico co que conta o Concello.