Salvaterra do Miño | A través dun pleno da corporación municipal, o Concello de Salvaterra do Miño aprobou a solicitude realizada pola empresa Hijos de Carlos Albo SL para recibir a bonificación fiscal do ICIO que lle permita instalar a súa nova empresa no PLISAN.
A decisión ven determinada pola incipiente fuga de empresas cara Portugal e a necesidade de crear postos de traballo na comarca, aproveitando igualmente a riqueza territorial establecida en torno á PLISAN. Por tanto, a instalación de Albo permitirá a consolidación de 200 postos de traballo, mais da metade para emprego feminino, así como a creación doutros 22 novos postos de traballo.
En 2018, o Concello de Salvaterra xa levara a pleno a adhesión ao protocolo xeral de actuación entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para fomentar a implantación de empresas en Galicia, mediante a creación da iniciativa “Concellos Doing Business
Galicia”, así como a modificación das ordenanzas fiscais do IBI, IAE e ICIO.