Salvaterra do Miño | O Concello de Salvaterra ven de adxudicar as obras para a creación dun “PUNTO LIMPO BÁSICO DE TRATAMENTO ECOLÓXICO DE RESIDUOS PARA AUTOCARAVANAS, no seu afán de continuar fomentando Salvaterra de Miño como lugar turístico e traballar a prol do crecemento e desenrolo da economía local.
Hai que dicir que o auxe do turismo de autocaravana cobrou unha magnitude moi importante nos últimos anos. Estímase que o parque total de estos vehículos na Unión Europea alcanza 1.500.000, chegando cada ano a España ao redor de 450.000 autocaravanas superando de este xeito a visita de 900.000 turistas. Cómpre ter en conta que o turismo itinerante en autocaravana está presente ao longo de todo ano.
Para captar este tipo de turismo é importante ter unha pequena infraestructura que permita que estes vehículos poidan vaciar os seus depósitos de augas grises e negras, para enchelos novamente. Por tanto, dispor deste tipo de áreas constitúe un factor determinante na planificación das rutas escollidas para as visitas gastronómicas, cultural, compras… en definitiva, supón un aumento considerable de turistas que incrementará notablemente a economía local.
A zona de implantación do “PUNTO LIMPO DE SERVIZOS PARA AUTOCARAVANAS” será nunha parcela de 4.750 m2 situada no extremo occidental do Parque de “A Canuda”, da que se ocupará 900m2. A parcela delimita ao norte coa vía do ferrocarril, ao este co Parque de “A CANUDA”, ao sur co Paseo Fluvial do Río Miño, quedando no punto oeste un vial que comunica o Paseo con núcleo de Lodeiro.
Os servizos cos que se debe dotar a área, o alcantarillado de augas fecales, auga potable e acometida eléctrica para o alumeado público, están dispoñibles a escasos metros da zona de actuación.
Coa posta en funcionamento deste servicio o Concello de Salvaterra de Miño busca potenciar o desenvolvemento económico, social e cultural así como de una manera clara apostar por seguir potenciando o turismo no municipio que ofrece unha oferta turística ampla e variada, dende o ámbito cultural e histórico ao medioambiental, co Parque Público A Canuda, cos máis de 30km de sendas verdes polos seus ríos, o Recinto Amurallado, o Museo da Ciencia do Viño ou o Espazo Termal Lúdico de Teans, son un exemplo calro do potencial turístico co que conta o Concello.
As obras comezarán no mes de Marzo e terán un prazo de execución de dous meses.