Salvaterra e Salceda organizan obradoiro conxunto de emprego sustentable

Con prácticas no Monte Castelo (Pesqueiras)

 


Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño, como beneficiario do Obradoiro de Emprego Sustentable, en colaboración co Concello de Salceda de Caselas, están a levar a cabo as prácticas que se corresponden ao Certificado de Profesionalidade de Actividades Auxiliares en Aproveitamentos Forestais.

Estas prácticas están enmarcadas no Monte Castelo, gracias a un convenio de colaboración coa Comunidade de Montes de Pesqueiras, dentro dun Proxecto Técnico de Creación dun Parque Forestal nesta contorna,  que tamén se executou en colaboración co Concello de Salvaterra a través dunha axuda da Deputación Provincial.

O obxectivo deste proxecto é traballar unhas dez hectáreas aproximadamente, con tareas de desbroce para unha posterior plantación de ao redor de 800 especies vexetais autóctonas e constituíndo deste xeito unha repoboación moi beneficiosa para o monte Salvaterrense.

Dez serán os alumnos e alumnas que farán estas prácticas, dentro dun programa de Formación e Práctica Profesional subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, cunha duración de nove meses.