Salvaterra de Miño | Arredor de 150 alumna/os participaron no concurso que anualmente promove o Concello de Salvaterra de Miño xunto co IES, dentro do programa en aras da equidade e na loita e prevención da violencia. Nesta XI edición, esta actividade tén sido enmarcada xunto coas accións desenvolvidas contra a violencia de xénero financiadas ao abeiro da subvención do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.
O concurso de slogans busca frases que traten de transmitir unha mensaxe e un posicionamento claro de repulsa hacia os malos tratos. Dentro das iniciativas desta campaña de sensibilización social, preténdese asimesmo reunir material para facer posteriormente unha campaña de difusión e publicidade dalgúns dos recursos que existen para abordar este problema.
O proxecto consiste en confeccionar uns marcadores de páxinas que se difundirán entre os máis novos e que conteñen o lema ou slogan gañador do concurso, ademáis dalgúns números de teléfono e enderezos a onde se dirixir, en caso de coñecer ou ser víctima dunha situación de malos tratos.
A idea xurdiu e mantívose ao longo de todas estas edicións, sendo esta a undécima xa, porque enténdese que ademais de ser un soporte atractivo, informativo e moi útil ten unha perdurabilidade no tempo mantendo a vixencia da mensaxe así coma dos recursos.
O concurso conta con 4 premios. Tres deles valorados en 50€ trocables por material educativo, informático, deportivo, roupa e/ou música e un primeiro premio, o slogan gañador, que ademáis de recibir un premio de 150 euros trocable igual que os anteriores, será o lema que se empregue na campaña de prevención e sensibilización para os marcapáxinas e outro material promocional da vindeira edición …
O gañador tén sido este ano ” Quérete máis, quéreme máis” de Ivana García Gómez (2ºESO D) que, ademáis do premio estipulado tén sido o utilizado para a confección dos marcapáxinas sinalados así como outro material promocional da campaña de sensibilización posterior.
Foron premiados asimesmo tres segundos slogans, “Na igualdade non hai superioridade” de Roberto Rajo Gómez (1° ESO A); “Non fagas tratos, co abuso sempre perderás ” de Daniella Acuña Araújo (1°ESO C) e “Por unha, por todas” de Nuno Sampil Rodríguez (1°ESO D).
O Concello leva anos traballando cos máis novos na prevención deste tipo de violencia a fin de que, dende idades tempranas, se establezan as bases para relacións sans e saudables. Eles son ¡o noso futuro! e continuaremos nesta loita mentras siga siendo necesario; ogallá… que por pouco tempo. Ademáis e coincidindo no día de hoxe tamén co día LGTBI+, o Concello súmase a este loita e contra todo tipo de violencia.