Salvaterra de Miño | O Goberno de Salvaterra entende que o tecido cultural e deportivo medra a pasos axigantados e resultan un piar fundamental para o desenvolvemento sociocultural e deportivo dos seus veciños e veciñas.
Tendo en conta que todas estas asociacións que traballan de xeito non lucrativo, ademais dos clubes competitivos, permiten que xa dende cativos os habitantes de Salvaterra de Miño poidan pertencer a un grupo, ben sexa de índole cultural e/ou deportivo. Por iso, o Concello quere corresponder cun aumento considerable na súa partida para permitir que as distintas actividades se leven a cabo con maiores garantías.
Con máis de 50.000 euros de aumento na partida, o que supón un incremento de algo máis do 40% respecto ó pasado ano 2024. Se ben é certo que Salvaterra de Miño tamén é terra de deportistas, tamén o é que nos últimos anos o rendemento dos mesmos está aumentando considerablemente, ademais de que cada ano van saindo máis deportistas de nivel nacional que levan o nome de Salvaterra de Miño por todo o territorio español, europeo e inclusive polos 5 continentes.
Sen dúbida é un esforzo necesario e un xeito de recoñecer a todos os nosos veciños e veciñas, que lle dan a Salvaterra dinamismo, riqueza cultural, deportiva, e que son parte activa do crecemento continuo dende xa fai anos. O concello desexa, ademais de transmitir os parabéns a todas estas asociacións culturais/clubes e deportistas, mostrar o agarimo e o agradecemento pola súa labor, animándolles a seguir facendo de Salvaterra un lugar mellor.