Salvaterra de Miño | Mediante comunicado de prensa, o Concello de Salvaterra de Miño informou que continúa en contacto directo e diario coa Área Sanitaria de Vigo pola situación do Centro de Saúde.
Esta comunicado ven trala queixa realizada polo Concello de Mondariz ante a Xerencia de Atención Primaria de Vigo, polo traslado temporal dun médico do centro de Saúde de Mondariz a Salvaterra, o que provocou a súbita cancelación das súas citas.
“Somos conscientes da problemática que ocasionan as baixas e os períodos de vacacións e a dificultade de cubrir as mesmas dada a ausencia de médicos nas listas de sustitución” informa o comunicado.
Por todo isto, “dende a Área Sanitaria tranládannos que se busca a maneira de suplir con médicos doutras zonas e do propio servizo de urxencias do Hospital para chegar a un mínimo de tres facultativos. Ademais dende o Concello de Salvaterra pomos a disposición dos veciños e veciñas a forma de derivar a súas reclamacións ó órgano pertinente”.