Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra abre o proceso para contratar as obras de mellora e reparación en 7 Casas de Cultura e no Edificio do Xulgado de Paz.
Estas obras enmárcanse dentro do plan de mellora nos servizos e infraestruturas que o Concello está realizando, co fin de mellorar e reparar diferentes aspectos das casas culturais, ubicadas en Fiolledo, Corzáns, Meder, Leirado, Soutolobre, Lourido e Alxén, ademais do xulgado, xa que o estado actual das instalación aconsella a súa mellora e reparación.
As obras nas Casas de Cultura consisten na reposición de tellas ou arranxo no tellado necesareos, limpeza de cuberta, aplicación de hidrofugante, formación de caneletas, reparación de grietas e pintado exterior.
No Xulgado levarase a cabo un cambio de fiestras e portas, co fin de mellorar a eficiencia térmica do edificio e a instalación dun sistema de tracción mediante piñón-cremalleira acciondao por motor eléctrico co fin de mellorar a accesibilidade.