Salvaterra de Miño | Esta mañá a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel visitou as obras que se están a realizar na Praza de Abastos e que supoñen unha mellora das instalacións.
Cunha inversión de máis de 20.000 euros levarase a cabo unha reforma integral dos baños ademais da súa adaptación para minusválidos. Con esta actuación búscase revitalizar a zona de mercado e súmase á liña de actuacións que se desenvolveron por parte do Concello de Salvaterra de Miño nesta zona.
Por un lado neste 2023 remataban as obras da rúa Marqués de Viana, cun investimento de máis de 500.000 euros, para humanizar e remodelar a contorna da Praza de Abastos e así por en valor unha zona moi emblemática e vital para a historia da vila.
Por outra banda, fixéronse obras por un importe de 20.000 euros nas cámaras. Precisamente neste sentido e co fin de dinamizar este espazo, durante os últimos seis anos fixéronse outras accións necesarias como a reforma da cuberta do mercado ou a modificación do reglamento sacando a subasta os postos do interior da praza. No vindeiro 2024 sacaranse novos postos.