Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño ven de publicar o inicio da tramitación para a contratación da obra de Ampliación do Saneamento en Fornelos, Lourido, Pesqueiras e Cabreira. Unha obra financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra por un importe de preto de 250.000€.
Con estas obras o Concello pretende seguir incrementando e mellorando a rede de saneamento municipal, neste caso completando a rede de servicios existentes en Enxembre (Fornelos), Cantalarrana (Lourido), Ríal, Outeiriño e Gallamonde (Pesqueiras) e Laxe (Cabreira).
En total executarase 580 metros de tubaxe de PVC de 315mm de diámetro e 1.445 metros de tubaxe de PVC de 250mm.
Xuntanza pola praga Flavescencia
Este pasado xoves 2 de febreiro a Consellería de Medio Rural ven de declarar a presencia da praga de corentena denominada Flavescencia dourada da vide, ademais de establecer a zona demarcada para a praga e a adopción das medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.
Co fin de informar de primeira man aos implicados e responder as dúbidas que poidan xurdir, o Concello de Salvaterra xunto do Director Xeral de Gandería, Agricultura e Industrial Agroalimentarias da Consellería de Medio Rural e un técnico da consellería, reuniranse cos viticultores de Salvaterra o próximo 9 de febreiro ás 20.00h no Salón de Plenos do Concello.
A xuntanza busca achegarlle toda a información e responder as dúbidas que poidan xurdir de acordo as medidas que se teñen que aplicar, ao encontrarse Salvaterra dentro da zona demarcada pola praga.