Salvaterra licitará as obras no pavillón Cándido Carrera

Por un importe superior aos 64.000€

Salvaterra de Miño | Esta obra está subvencionada polo fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos Concellos de Galicia, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, por un importe de máis de 60.000,00€

Con esta obra implantaranse paneis solares fotovoltaicos para a xeración de enerxía eléctrica para a alimentación da iluminación e da xeración de enerxía térmica para os acumuladores de auga quente sanitaria ACS. Ademais substituiranse as luminarias da
pista deportiva, por luminarias de maior eficiencia con tecnoloxía LED.

Con estas medidas o Concello pretende adecuar os niveis de iluminación ás necesidades
visuais, mellorar a eficiencia e o aforro enerxético, coa conseguinte disminución de emisión de gases de efecto invernadero e reducir os gastos derivados do consumo eléctrico e de mantemento das instalacións.

En definitiva, modernízanse as instalacións, adaptándoas ao uso de enerxías menos
contaminantes e renovando o alumeado. Esta modernización conleva a adaptación do
edificio á normativa vixente buscando unha maior eficiencia, tanto económica como
enerxética, disminuíndo a emisión de CO2 á atmósfera Esta acción enmárcase dentro das liñas de actuación aprobadas no Plan de Acción polo clima e a Enerxía Sostible aprobado polo Concello de Salvaterra de Miño no ano 2022.