Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño, a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e o Plan +Provincia da Deputación provincial realizará as obras que permitirán acondicionar os locais localizados baixo a grada do campo, que ata este momento se viñan empregando como almacéns, para facer dous vestiarios novos, co fin de ampliar o servizo deportivo que se oferta neste recinto deportivo e desta maneira sacar máis rendemento ás instalacións deportivas.
Esta acción englobase dentro da liña de melloras de infraestruturas deportivas que está levando a cabo o Concello de Salvaterra, e que permitirán investir neste ano máis de 161.000€ nas instalacións deportivas do Casal en Salvaterra.