“Salvaterra Milenaria” contará cun mercado-exposición

O 24 de maio no recinto amurallado

Salvaterra de Miño | O vindeiro 24 de maio celebramos os máis de mil anos de historia da vila de Salvaterra de Miño, xa que o primeiro documento escrito que fai referencia a esta localidade foi asinado o 24 de maio do ano 991.

Con motivo desta celebración, o Concello de Salvaterra de Miño prepara un día de actividades no recinto amurallado pensada para todo/as.

A Concellería de Cultura organiza un mercado-exposición onde comercios, artesáns ou asociacións interesados poderán participar deste evento que terá lugar o sábado 24 de maio de 10:00 a 15:00 horas.

Ademais o Concello de Salvaterra tamén ten programadas actividades para o/as neno/as con xogos populares, unha actividade familiar con acertixos e probas e máis sorpresas.

Aqueles interesados en participar no mercado-exposición deberán enviar os seus datos a seguinte dirección de correo electrónico comunicacion@concellodesalvaterra.org

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.