Salvaterra pon en marcha o III Plan de Igualdade

Financiado pola Deputación de Pontevedra e con tres fases de aplicación

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha o proceso de elaboración do III Plan Municipal de igualdade co obxectivo de seguir avanzando cara a un municipio más igualitario. Unha acción financiada pola Deputación de Pontevedra a través da liña de axudas para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero e o propio Concello de Salvaterra de Miño.

Este plan, promovido pola concellería de Igualdade, ten como obxectivo implicar a todas as áreas municipais no desenvolvemento de políticas, estratexias e accións en materia de igualdade ademais de recoñecer a realidade das mulleres de Salvaterra de Miño.

A elaboración do plan realizarase en tres fases: diagnose, elaboración e presentación e difusión do plan. Un proceso participativo no que se implicará a cidadanía para a redacción de dito plan, dando a coñecer a súa percepción. A través dunha enquisa online, mesas de traballo e reunións sectoriais farase partícipe os distintos axentes que permitirán coñecer as necesidades e demandas.

Por iso, dende o Concello de Salvaterra de Miño anímase a mulleres e homes a participar no cuestionario que servirá como inicio do Plan de Igualdade e que se atopa na web do Concello ademais estará dispoñible nas redes sociais da entidade, no Facebook e Instagram. Deste xeito tódalas persoas poderán difundilo para chegar a máis xente. O cuestionario estará activo ata o vindeiro 10 de novembro.