Salvaterra presenta o programa da LXIV Festa do Viño do Condado do Tea

A celebrarse os días 25, 26 e 27 de agosto

Salvaterra de Miño | Os días 25, 26 e 27 de agosto Salvaterra de Miño celebra a LXIV Festa do Viño do Condado do Tea cunha programación que pon en valor os nosos viños, a nosa música e gastronomía.

A inauguración da festa terá lugar o venres 25 ás 20:00h no recinto da muralla pero as
actividades comezarán esa mesma semana coas catas comentadas nas que as diferentes
adegas participantes ofrecerán degustacións dos seus viños dende o 21 ata o 25 de
agosto na Casa do Viño. Este ano ademais volve o Túnel do Viño onde ó público poderá
degustar tódolos viños da subzona do Condado do Tea cun prezo de só 15 euros. As
inscricións para ambas actividades deberá realizarse a través do teléfono 617 148 866 ou
ben no correo museocienciavino@concellodesalvaterra.org.

Salvaterra de Miño será o último fin de semana de agosto epicentro do viño Condado.
Durante os tres días o público poderá catar os viños e ademais desfrutar da música
amenizada no día coas charangas e cos diferentes grupos musicais nas noites
gastronómicas. Lucky Duckies e A Roda acturarán o venres 25, SondeSeu e Fanfarria
Taquicardia o sábado e o peche da festa será o domingo cos grupos O Fiadeiro, La
Sombra de Justine e La Patrulla.

Nesta edición o pregoeiro será o humorista, presentador e actor Roberto Vilar que dará
lectura ó pregón ás 13:00h no recinto amurallado, será despois do acto que dará a
coñecer ós viños deliciosos do ano e a actuación dos grupos folclóricos e bandas de
gaitas de Salvaterra de Miño.