Salvaterra presenta o Verán Cultural 2024

Cunha variada programación do 27 de xullo ao 7 de agosto

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño vén de presentar o ‘Verán Cultural 2024’, unha programación dirixida a todo o público dende máis maiores ata os máis pequenos e pequenas que contan coma sempre cun apartado especial.

O inicio da programación máis esperada do ano terá lugar o 27 de xullo co concerto de Carlos Núñez que volve un ano máis a Salvaterra de Miño dentro da súa xira Lugares Máxicos. As entradas están á venda no Museo da Ciencia do Viño e na web ataquilla.com

Dentro do calendario para o verán non podían faltar festas tan importantes e destacadas como O Mundo a Danzar, O Son da Muralla ou Imos de Guateque; que continúan crecendo en público ano tras ano e que son un atractivo dentro e fora do noso Concello.

A Festa do Viño do Condado do Tea chega a súa sesaxésima quinta edición onde destacan as catas populares, o Túnel do Viño, a gastronomía e os concertos con nomes destacados como Luar na Lubre, De Vacas ou Roi Casal.

Nos próximos días chegará as casas toda a programación detallada do Verán Cultural de Salvaterra de Miño pero xa adiantamos aquí as datas:

Sábado 27 xullo
Concerto Carlos Núñez

Luns 29 xullo
Festa da Espuma e Animación musical

Mércores 31 xullo
Festa Hinchables de auga

Xoves 1 agosto
Baile Moderno

Venres 2 de agosto
Festival Folclórico A.C. Pontenova

Sábado 3 agosto
O Son da Muralla

Luns 5 agosto
O Mundo a Danzar

Mércores 7 agosto
Concerto da Orquestra Clásica de Vigo