Salvaterra de Miño | O concello ven de presentar un proxecto ó Consello Superior do Deporte para a mellora de instalacións no Campo Antonio Gándara Bernárdez-Dextros. O Concello de Salvaterra de Miño ven de recibir unha subvención de 5.000 euros para o financiamento dos gastos de proxectos do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia no ámbito do turismo deportivo sostible.
Deste xeito se fai fronte ós gastos derivados das asistencias técnicas que se contraten para preparar a documentación necesaria para a presentación das solicitudes ó Perte do deporte. Esta axuda está ó abeiro da convocatoria de subvencións para entidades locais de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes.
Precisamente o Concello de Salvaterra de Miño ven de presentar un proxecto na convocatoria de axudas ó fomento do turismo deportivo sostible financiadas con fondos Next Generation UE do Consello Superior do Deporte para o ano 2023.
Neste proxecto plantéxase unha reforma de 600.000 euros para mellorar as instalacións do Campo de Fútbol Antonio Gándara Bernárdez-Dextros, onde se contemplan diferentes mellora como a de eficiencia enerxética.