Salvaterra reivindica o Día do Orgullo LGTBIQ+

Cun concurso de slogans para difundir nas redes sociais

Salvaterra de Miño | O 28 de xuño celébrase o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ co obxectivo de concienciar sobre a diversidade, a igualdade, a tolerancia e o respecto cara este colectivo.

Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño únese a estas reivindicacións para aportar o seu gran de area mediante diferentes accións.

Ao igual que en anos anteriores, estará colgada a bandeira LGTBIQ+ no balcón do Concello para dar visibilidade e animar a loitar por unha sociedade máis xusta e para recalcar o dereito a amar libremente.

Seguiremos co noso concurso de slogans coa 3ª edición. A partires do luns da semana que ven ábrese o prazo para que todas as persoas poidan ser participes. Buscamos unha frase conmemorativa para colocar na última semana nas redes sociais e na pantalla informativa do Concello, como imaxe central. Se queres participar so tes que enviar a túa frase a animación@concellodesalvaterra.org, do 5 ao 20 de xuño. A frase estará exposta do 22 ao 30 de xuño en redes.

A frase non pode ter máis de 30 caracteres. Dende o Departamento de Cultura e Servicios Sociais escollerase a fase gañadora

Concienciar e educar as novas xeracións é importante para unha sociedade mellor, pois elas teñen o poder de facer deste mundo un lugar con futuro.