Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño acaba de renovar o convenio da “Aula Mentor” coa Secretaría Xeral de Formación Profesional. Esta é a iniciativa posta en marcha a principios deste 2023 na nova aula de Novas Tecnoloxías situada na Casa de Cultura de Salvaterra e que funciona de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00horas.
O programa de formación da Aula Mentor, busca mellorar as posibilidades de emprego través da formación online, desenvólvese en Salvaterra de Miño en virtude dun convenio asinado entre o Concello e o Ministerio de Educación e Formación Profesional. Trátase dunha formación non regrada, flexible e con titorías personalizadas.
A iniciativa de formación telemática está dirixida a veciñas e veciños que se poden beneficiar dun amplo catálogo de cursos online. Todas aquelas persoas interesadas nesta iniciativa de formación online poden contactar co Concello ou ben a través do correo electrónico salvaterrademino@aulamentor.es e consultar o catálogo de cursos accesible na ligazón https://www.aulamentor.es/
Presentación da obra “Molto Barroco”
O salón de actos da Casa da Cultura de Salvaterra de Miño acollerá este xoves 28 de decembro a obra “Molto Barroco” no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano.
A función da man de Píscore Teatro, que está pensada para un público familiar, dará comezo ás 17:30 horas e a entrada será libre ata completar o aforo.
A peza teatral “Molto Barroco” realiza un percorrido pola música barroca acompañado da comedia. Ambientada nunha Corte real europea de mediados do século XVIII, habitada polo rei, a raíña, o bufón e o compositor da Corte, tres músicos xunto co compositor se reúnen para levar a cabo os encargos da Coroa. Unha obra na que se mestura música orixinal e adaptacións cun espectáculo cómico.