Salvaterra de Miño | Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concienciación ante a Vespa Velutina.
Encontrámonos no momento de empezar co Trampeo das Raíñas, xa que con un simple xesto, o de colocar unha trampa, podemos facer moito. Por este motivo o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concienciación e repartirá 150 trampas e máis de 300 doses de líquido atraínte.
É moi importante que todos actuemos para intentar frear a proliferación da vespa velutina que afecta dun xeito moi severo a biodiversidade.
Todas as persoas interesadas poderán pasar polo Concello a recoller a súa trampa e a dose de líquido a partires do luns 20 de febreiro.