Salvaterra de Miño | A través do Bando Municipal, o Concello de Salvaterra de Miño anunciou este 2 de xaneiro o restablecemento do servizo de abastecemento de auga municipal, unha vez localizada a fuga de auga que obrigou a facer o corte total do subministro.
O Concello anunciou que irá restablecéndose o subministro de xeito paulatino e por zonas durante todo o día 2.
Informouse igualmente que, debido á crecida do río Tea e a súa elevada turbidez, a auga non é apta para consumo humano ata novo aviso.
Seguiranse por tanto facendo controis exhaustivos á turbidez da auga, coa consecuente información á poboación por parte do goberno municipal.