Salvaterra de Miño | A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, a tenente de alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira e a concelleira de ensino e benestar social de As Neves Pilar González Casas, mantiveron unha xuntanza de traballo para preparar as bases do Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero destinado a mulleres dos tres municipios, que suman mais de 23.000 habitantes.
As tres responsables municipais avanzaron as principais liñas de actuación, centradas en asesoramento integral, orientación e apoio psicolóxico, xurídico e laboral especializado e personalizado e en autoestima, formación e benestar das participantes.
Ademáis de reforzar a saúde física e mental e a formación, o Programa promoverá medidas de inserción laboral das mulleres a través de recursos e mediación directa coas empresas. O Programa, que este ano está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, obtivo na edición de 2022 o maior número de puntos na valoración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
As tres responsables políticas confirmaron que de nova está prevista a xestión compartida, o que permite aforrar custos, mellorar a especialización profesional, eliminar duplicidades e incrementar a calidade dos servizos prestados ás mulleres. O Programa, que contempla visitas a empresas e encontros grupais, valorizará o coñecemento e a experiencia mediante o debate, a cultura e o audiovisual.
Esta é a segunda vez que Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves únense para traballar nun Programa conxunto e integral, fomentando a igualdade e previndo a violencia contra as mulleres.
Convocatoria dos “Premios de Educación 2022-2023
O Concello de Salvaterra convoca un ano máis, a decimoitava edición dos “Premios de Educación” co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xóvenes, chegando este ano á súa decimoitava edición.
Toman parte neste concurso o alumnado do Instituto de Educación Secundaria e dos tres Centros de Educación Primaria de Salvaterra de Miño -CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares-, en todos os seus finais de etapa e establécense como premios catorce lotes informáticos e tres bolsas de estudos de tres semanas a Reino Unido durante o verán, na localidade de Worthing. A entrega dos mencionados premios terá lugar tras a finalización de todos os cursos e etapas, en datas que serán anunciadas no seu momento e levarase a cabo no Salón de Plenos do Concello.
XV Festa da Sementeira e a Música
Salvaterra celebrou os días 13 e 14 de maio a décimo quinta edición da Festa da sementeira e música na área recreativa muiño da ponte, en Corzáns, coa colaboración da Asociación Quinta do Piñeiro.
O sábado comezou coa particular ruta de tractores chegando ata o municipio veciño de Monção, ao mesmo tempo que abre a feira de artesanía na área recreativa. Pola tarde foi a quenda dos mais cativos, con diferentes actividades como Obradoiro de cerámica, xogos infantís e a demostración do funcionamento dos muíños a cargo de Romer, así como tamén actuacións de grupos como as Lucernas de Fiolledo ou Tanto nos Ten. Xa pola noite terán lugar unha serie de concertos do grupo Ialma, La Quinkillada, Recambios Tucho e La Duendeneta dilleis.
O domingo tivo lugar a tradicional labranza con bois amenizado polo grupo Naiama, e o pregón a cargo de Xosé Antonio Touriñan; así como tamén as desexadas
olimpíadas agrícolas de maiores e pequenos e os concertos con grupos como Donicelas, Festicultores Troupé, Malvelas e Son das Tabernas.