Salvaterra de Miño | Esta mañá na Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño tivo lugar un novo obradoiro dentro do Programa “Xuntas” unha iniciativa conxunta cos concellos de Salceda e As Neves cofinaciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
O programa dirixido a tódalas mulleres que inclúe asistencia psicolóxica, asesoramento xurídico e inserción laboral; continúa o próximo venres 22 de setembro ás 10:00h na Casa do Conde cun obradoiro sobre emprego.
Durante a mañá trataranse temas como a capacitación para o acceso ó emprego, procesos de selección, habilidades de comunicación e a construción do perfil e currículum vítae.
Para máis información sobre esta actividade aquelas mulleres interesadas poden dirixirse ó teléfono 685 211 882.