Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño contará en breve cun novo obradoiro de emprego “Salvaterra Emprega III” cunha financiación de máis de 500.000 euros , coa que se busca continuar coa liña de fomento do emprego en colaboración coa Consellería de Promoción o Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia .
A través deste obradoiro se posibilitará que un total de 20 persoas desempregadas se
formen e capaciten nas especialidades formativas ofertadas do ámbito forestal e
xardinería, coa finalidade de mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas do
municipio.
Salvaterra Emprega III terá unha duración de 12 meses nos cales o alumnado traballador adquirirá os coñecementos necesarios mediante a realización de tarefas que responderán á prestación do servizo en si.
O único requisito para participar no obradoiro é estar dado de alta na oficina de emprego
de Ponteareas como demandante de formación nas ditas especialidades. Non se pedirá
formación previa e os colectivos con máis dificultade na inserción laboral terán prioridade.