Salvaterra de Miño | Esta pasada fin de semana deu comezo a 5ª edición do Ciclo Cine de Inverno que organiza o Concello de Salvaterra de Miño. O sábado era o turno da película “As Neves” e o domingo para o público infantil “La Patrulla Canina: La Superpelícula”, ambas acadaron un gran éxito con gran afluencia de público.
Recordamos que como en anteriores edicións o ciclo que é totalmente gratuíto inclúe a proxección de películas de estrea na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño.
Os sábados ás 22:00 horas proxectaranse películas para o público adulto mentres que os domingos ás 17:30 horas dirixidas ó público infantil. Deste xeito achégase durante este mes unha alternativa de ocio cinematográfico para pasar as noites do sábado e as tardes do domingo.
O Ciclo Cine de Inverno remata o vindeiro 2 de marzo. Ata entón o público poderá gozar dunha oferta diferente tal e como se pode ver no cartel.