Salvaterra de Miño | Salvaterra volta á normalidade e as súas tradicións e festexos logo da Pandemia. Este ano recupera a súa festividade do Entroido xa de xeito completo para a ledicia de todos os veciños e veciñas, adultos e cativos… A partires do venres 17 de febreiro e ata o sábado 25, levarase a cabo a programación do Entroido e do tradicional Enterro da Lamprea.
O venres 17 ás 10:30 horas, será o Desfile de Entroido dos Centros Educativos de Salvaterra, dende a Praza do Concello ata o Auditorio do Parque Público A Canuda. O martes 21 a partires das 19:30 terá lugar no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra o Festival Infantil de Entroido, con música, chocolate e rosca para toda/os!
E xa para por o broche de ouro a este festexo tan tradicional no noso pobo, o sábado 25 de febreiro ás 17:00 enterraremos á defunta Lamprea, onde se pode participar formando parte da comitiva do enterro. Diversión e risas aseguradas este Entroido en Salvaterra de Miño.
Charla sobre ciberseguridade para maiores
O Concello de Salvaterra de Miño informa que o próximo luns 20 de febreiro ás 11.00h no Salón de Plenos a Garda Civil impartirá unha charla informativa sobre ciberseguridade dentro do Plan Maior de Seguridade co fin de dar a máxima información aos nosos maiores sobre os diferentes roubos e estafas que cada día son máis habituais por internet e teléfono.