Outes | Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública da Galiza, convocamos á manifestarnos, na Alameda de Compostela, o domingo día 14 de novembro, as 12 h.
Os motivos para saír a rúa, son dicirlle ao Sr. Feijoo que con esta política sanitaria de desmantelamento, só se provoca morbilidade e mortalidade por afeccións que podrían evitarse de ter un Sistema Sanitario Público ben dotado, tanto de persoal como de infraestructuras.
Si dende a administración sanitaria dín “que van construír 50 Centros de Saúde nesta lexislatura”, a pregunta do millón é preguntarlles con que persoal os van dotar? Si dín que non teñen Médica/os para os Centros que temos na actualidade, con quen se dotarán os do futuro? É a política de dicir que van facer, sin facer nada (recordemos as Residencias que dixo que faría a administración do PP: “en cada capital de Área Sanitaria”: e seguimos esperando pola primeira!
“Levamos 12 anos de gobernos do PP (con 4 conselleira/os de sanidade) e un mesmo ‘administrador’ do Sistema, que nos levou a unha política baseada nos recortes e no desmantelamento da Sanidade Pública. Esto ten un claro responsable: Feijoo”
Levamos 12 anos de gobernos do PP (con 4 conselleira/os de sanidade) e un mesmo “administrador” do Sistema, que nos levou a unha política baseada nos recortes e no desmantelamento da Sanidade Pública. Esto ten un claro responsable: Feijoo.
Xubilación de profesionais, contratacións en precario, falta de sustitutxs nas consultas, peche de Centros, soldos de miseria para carreiras que costa moito esforzo conseguir, etc. fomentan a marcha de traballadora/es a outros servizos de saúde, que prestixen aos traballadorxs e a profesión sanitaria (e non gastan un peso en formala/os) sen que a Consellaría de Sanidade tome medidas. No ano 2022, teremos menos orzamento que no 2009. Retiráronse as Xerencias de AP. Elimináronse Áreas Sanitarias.
Desapareceu a Participación Cidadá ca non posta en marcha dos Consellos de Saúde de Área e o Consello de Saúde de Galiza. Néganse a incorporar novxs profesionais, para garantir unha AP integral: Psicóloga/os Clínica/os, Terapeutas Ocupacionais, Fisioterapeutas, etc. Xestionan a sanidade con titulares de prensa e co “imos facer”…
A poboación galega e a/os profesionais, son xs que sofren as graves consecuencias desta situación, cun goberno galego que segue sen escoitar, e sen tomar medidas efectivas para modificar esta situación. As conclusións do Consello Técnico de AP siguen sin aplicarse, pero sí: a administración invirte en ordenadores, impresoras, e agora en pintar e renovar Centros de Sáúde: todo importante, pero sempre menos que dotar de persoal aos Centros que teñen as súas consultas masificadas, con 40-50 persoas diarias, algo que queima aos profesionais e non permite unha calidade asistencial axeitada.
Temos que parar isto e dicir NON: ás colas na rúa para acceder aos Centros de Saúde. Non, a ter que realizar múltiples chamadas telefónicas para conectarse co Centro. Non as listas de agarda de días ou semáns, incompatibles coa AP, que colapsan os PACs e as urxencias hospitalarias e favorecen a privatización.
Non ao peche dos Centros de Saúde Periféricos, que discrimina á poboación do rural, que xa ten a molestia da dispersión e que ademáis está envellecida, cos problemas de mobilidade e o Non uso das técnicas modernas. Non á consulta telefónica e telemática como eixo da asistencia, en detrimento da presencial. Non ao recorte de persoal e a situación de inestabilidade e precariedade laboral nos Centros. As persoas que usamos a Sanidade Real, temos que poder dicirlle ao Sr. Feijoo como está de verdade a asistencia sanitaria…
É inaceptable que moita/os enferma/os teñan que recorrer ao sistema privado para recibir atención. É necesario recuperar a atención integral, a promoción, a prevención, a rehabilitación e o traballo comunitario.
É imprescindible ter un orzamento finalista para a AP, que supoña o 25% do orzamento sanitario. Ter máis persoal e un Novo Modelo de Atención Primaria digno, integral, accesible e de calidade.
Por todo o exposto, teremos a Manifestación o día 14 de novembro, ás 12 h. na Alameda de Compostela. Acude!